A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é unha consellería da Xunta de Galicia que ten como principais competencias a xustiza, o deporte, a administración local, as relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias, interior, relacións exteriores e relacións coa Unión Europea. O actual conselleiro é Diego Calvo Pouso.

Historia A consellería de presidencia tivo distintas denominacións e funcións ao longo da historia. Ademais, durante algúns períodos levou tamén aparellado o cargo de vicepresidencia da Xunta.

En 1983 (por uns meses) e despois dende 1983 ata 1990 absorbe ademais as competencias da Consellería de Xustiza e Interior. Durante a maior parte da súa existencia, agás entre 1990 e 1993, e 2005 e 2009 a consellería integra tamén a área de Relacións Institucionais (véxase tamén Consellería de Relacións Institucionais). A consellería de Presidencia, Administración Pública e Turismo desapareceu durante a reorganización de 2018. As competencias en xustiza e presidencia pasaron á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a competencia en administracións públicas pasou á Consellería de Facenda e Administración Pública.

Conselleiros Xosé Luís Barreiro Rivas (1982-1983). Primeiro como conselleiro de Presidencia e en 1983 como conselleiro de Presidencia e Xustiza. Ese mesmo ano volve ser unicamente conselleiro de Presidencia, pero co engadido de ocupar a vicepresidencia de asuntos políticos. Manuel Anxo Villanueva Cendón (1986-1987) Pablo González Mariñas (1987-1989) Dositeo Rodríguez (1989-1999). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública. Jaime Pita (1999-2005). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública, e a partir de 2001, conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. José Luis Méndez Romeu (2005-2009). Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda (2009-2022). Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Turismo. Diego Calvo Pouso (2022-)

Estrutura interna Secretarías e direccións xerais Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Presidencia conta coas seguintes direccións xerais:

Secretaría Xeral Técnica. Secretaría Xeral para o Deporte. Dirección Xeral de Xustiza. Dirección Xeral de Administración Local. Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Entes adscritos á consellería Escola Galega de Administración Pública (EGAP): Pablo Figueroa Dorrego, director. Academia Galega de Seguridade Pública Axencia Galega de Emerxencias Policía autonómica de Galicia Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA)

Véxase tamén Ligazóns externas Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Categoría:Consellerías da Xunta de Galicia Categoría:Xustiza